O Espazo Terra Nai
Comunidade Consciente e Permacultura na Coruña
O anfitrión: O lugar
Antes que proxecto, antes que comunidade, antes que idea… está o lugar.
O verdadeiro anfitrión de Terra Nai non é unha persoa. É a Terra.
Este espazo en Churío, no concello de Irixoa, é un organismo vivo. Late ao ritmo das estacións, respira co bosque, escoita no silencio. Non foi elixido dende a estratexia, senón dende a chamada. Foi o propio lugar quen convocou. E dende entón, cada decisión tómase en diálogo con el.
Aquí hai algo antigo.Unha memoria que busca ser lembrada e un corazón que pide ser coidado. Terra Nai nace como resposta a esa escoita. Como xesto de respecto cara a un territorio que se sente sagrado non por crenza, senón por experiencia. A natureza aquí non é decorado nin contexto: é mestra, guía e eixo.
O bosque de castiñeiros sostén e protexe.A proximidade do río purifica e acompaña. E a gran tartaruga de pedra recorda o que se nos esqueceu neste camiñar.
O Espazo Terra Nai
Un Proyecto Comunitario en Constante Movimiento
Máis alá das súas características físicas, Terra Nai é gardián do espazo natural que o rodea, e que se sente como vórtice enerxético.
Dentro de Terra Nai conviven diferentes proxectos e iniciativas que comparten unha mesma raíz e intención: a de experimentar e cocrear novas formas máis conscientes, auténticas e respectuosas de relacionarnos con nós mesmos/as coas demais persoas e coa Terra
Trátase dun proxecto comunitario porque pretende respectar e integrarse na contorna na que se atopa e porque busca crear comunidade a diferentes niveis. En primeiro lugar a nivel de convivencia no día a día (para quen vive na zona), en segundo lugar a nivel das persoas que participan das actividades e por último na creación de redes con persoas e proxectos deste e doutros lugares.
O espazo ábrese como punto de encontro para persoas de todas as idades que queiran crear algo novo, contribuír coas súas ideas, tempo ou capacidades, compartir con consciencia, medrar en tribo e celebrar. Tamén para quen sinta a chamada de cultivar os seus propios alimentos, de achegarse á natureza en compañía, ou de atopar un lugar co que tecer vínculo, especialmente se vive en contornos urbanos e non conta con ese espazo na súa vida cotiá.
Todas elas están sostidas por persoas comprometidas con esta cocreación, que poñen os seus dons, talento e enerxía ao servizo da transformación colectiva. Este é un proxecto vivo e dinámico, que evoluciona co paso dos anos, que respira coas estacións e se adapta ás necesidades da comunidade. Aquí non hai separación entre o crecemento persoal, o coidado colectivo e a rexeneración do territorio: todo forma parte do mesmo tecido.

Un terreo rústico dunha hectárea nun entorno natural tranquilo.

Unha construción decagonal de madeira (yurta) de 50 m² con porche, pensada como espazo de encontro, formación e celebración.

Baños secos, en coherencia co coidado da auga e do entorno.

Ausencia de rede eléctrica e de auga corrente, favorecendo unha experiencia máis esencial, sinxela e auténtica.

Espazos de descanso e meditación

Bancais para cultivar

Un espazo de almacenaxe

Bo acceso por estrada e proximidade a un núcleo con servizos básicos (a poucos minutos), o que facilita a chegada sen perder a sensación de retiro.
Proyectos
Asociación Terra Nai e actividades comunitarias
A Asociación Terra Nai é o paraugas legal baixo o que se sosteñen moitas das actividades que se desenvolven no espazo.
Máis alá dunha estrutura formal, é unha rede viva de persoas que apostan por formas de vida alternativas, conscientes e rexenerativas en Galicia. A través dela organízanse actividades, xestiónanse recursos de maneira colectiva e impúlsanse proxectos que benefician tanto á comunidade local como ao territorio.
Constitúe unha ferramenta para unir forzas, tecer alianzas e facilitar o acceso a persoas que contan con menos vías para participar nas propostas que o espazo promove. Ademais, as persoas socias teñen descontos en case todas as actividades do Espazo.
As súas accións agrúpanse en tres áreas fundamentais:
Crear comunidade e tecer redes
Fortalecer vínculos entre persoas e proxectos, fomentando encontros, aprendizaxe compartida e cooperación en rede.
Coidar a Terra e a súa sostibilidade
Promover prácticas sostibles, respectuosas co medio e a xestión consciente dos recursos naturais.
Facilitar transformación, sanación e vida na Natureza
Xerar espazos e experiencias que favorezan o autocoñecemento, a aprendizaxe, a sanación e a conexión co mundo natural.
Actividades Puntuais

Talleres, actividades e formacións relacionadas co coidado propio (ioga, biodanza, constelacións…), o coidado dos vínculos (comunicación, círculos de mulleres e homes) e o coidado da Terra (permacultura, agrofloresta…)

Xornadas e encontros colaborativos: para o coidado do espazo, para compartir aprendizaxe

Espazos de reflexión e acompañamento: círculos de palabra, momentos de escoita
Celebracións e eventos especiais: solsticios, equinoccios, Magosto, San Xoan, Día Fóra do Tempo, Mercadiños
Festival Son Mediciña
Un encuentro anual de música medicina que reúne a artistas, sanadores y buscadores en un espacio de celebración, ceremonia y comunidad. Durante varios días, Terra Nai se convierte en un templo sonoro donde la música, el movimiento y la naturaleza se unen para facilitar procesos profundos de transformación.
Conciertos de música medicina en vivo
Círculos de canto y mantras
Ceremonias sonoras
Talleres de instrumentos ancestrales
Espacios de silencio y meditación
Actividades para niños y familias
Proxectos con continuidade
Espiral Joven
Despertar e Transformación para a Nova Xeración
Espiral Joven é o proxecto de Terra Nai dedicado a apoiar aos adolescentes e mozos na súa viaxe de autocoñecemento, crecemento e despertar.
Nun momento no que os mozos se enfrontan a tantas presións sociais, unha crise ecolóxica e unha sensación de desorientación na vida, Espiral Joven ofrece un espazo seguro, consciente e comunitario onde poden:
Actividade en Espiral Joven

Camiñadas mensuais pola natureza

Talleres de expresión creativa e física

Círculos de conversa e escoita profunda
Proxectos de permacultura xuvenil

Campamentos de verán sostibles

Apoio no desenvolvemento persoal

Camiñadas mensuais pola natureza

Talleres de expresión creativa e física

Círculos de conversa e escoita profunda
Proxectos de permacultura xuvenil

Campamentos de verán sostibles

Apoio no desenvolvemento persoal
Proxecto financiado cos beneficios do Festival Florium, dirixido a persoas de entre 18 e 30 anos, e autoxestionado por elas para fomentar o autocoñecemento, a participación activa e o contacto con iniciativas comunitarias.
Xornadas Familiares
Despertar e Transformación para a Nova Xeración
Enfocadas a compartir tempo de calidade e acompañar a crianza desde a presenza, o respecto e a escoita atenta. Un lugar onde as familias participarán xuntas, nun contorno de xogo libre, vínculo e apoio emocional, con acompañamento profesional e unha mirada amorosa.
Actividade mensual dirixida a crianzas de 0 a 6 anos. Acompañada por Naiara Arqués, mestra de infantil e formada en educación viva.
Son Mediciña
Son Mediciña é a área musical de Espazo Terra Nai, a cal teño a fortuna de coordinar xunto a Gerrit Hanuman Yoga.
Ao longo de todo o ano organízanse encontros e experiencias nos que a música nos leva cada vez máis preto do noso Ser, e nas que podemos conectar co seu poder sanador ou participar dela activamente. Ao mesmo tempo, esta área busca visibilizar e expandir este estilo de música en Galicia.
Dende 2023, en setembro celébrase o Festival Son Mediciña, un encontro anual que xunta artistas, músicos e terapeutas vibracionais nun espazo de celebración, comunidade e transformación. Durante varios días, Terra Nai convértese nun templo sonoro, no que a natureza, o movemento e a música se entrelazan para facilitar procesos profundos de sanación e elevación da consciencia.
Próxima data do festival: 4-5 de setembro de 2026
Conciertos de música medicina en vivo
Círculos de canto y mantras
Ceremonias de sanación
Talleres de instrumentos ancestrales
Espacios de silencio y meditación
Mercadiño e postos de comida
Florium-Romaría Tribal
Festival da Solidariedade: Celebración, Arte e Solidariedade Comunitaria
Florium Romaría Tribal é o gran festival solidario anual de Terra Nai, un encontro vibrante onde conflúen música, arte, natureza, gastronomía consciente e moita alegría..
Unha parte do recadado destínase á construción do Espazo Terra Nai e a outra a un proxecto que se elixe cada ano. É unha celebración da vida, a creatividade e a comunidade, aberta a todas as idades e sensibilidades.
A propia organización do festival é xa unha oportunidade para esta cocreación. Cada edición un grupo de máis de 30 persoas entregan os seus dons e o seu tempo altruistamente a este proceso indo máis aló das súas propias crenzas e limitacións e practicando a cooperación, a comunicación construtiva e o respecto.
Un dos puntos importantes do Florium son os espazos, deseñados para xerar diferentes experiencias.
O Espazo Central, de entrada libre e achega voluntaria, é un espazo de Tribo, onde poderás escoitar música, comprar artesanía e compartir os teus propios proxectos, historias ou arte.
Nos espazos anexos (bosque, yurta, reparador…) lévanse a cabo talleres e actividades terapéuticas de pago.
Actividades en Festival Florium

Concertos de música, performances artísticas e teatro

Mercadiño de artesanía

Terapias individuais

Escenario aberto

Círculos de compartir experiencias

Miniflorium (peques)

Gastronomía consciente

Espazos de relaxación e benestar

Ceremonias e rituais comunitarios
Se queres formar parte do equipo de voluntariado ou acudir ao festival:
O Lar do Paso. Ceremonias de Vida
Este proxecto nace para devolver verdade aos ritos de paso, sacándoos do consumo, do automatismo e da despersonalización.
Así ofrecemos ritos de paso con sentido, co-creados, enraizados na vida real, onde a emoción ten lugar, o corpo é escoitado e o ritual volve ser un acto humano e sagrado.
O proxecto xira ao redor de soster procesos importantes da vida con madurez, coidado e responsabilidade emocional: enlaces de parella, benvida a novos seres, separacións, aniversarios, funerais, cambios vitais, preparación ao parto, peche despois do parto, chegada da menstruación e da menopausia, mudanzas…
O ritual ofrece un marco coidado e claro para deternos e recoñecer o que estamos a vivir, honrando o que foi e abrindo espazo ao que chega, máis aló do ruído e das formas establecidas.
Ofrecemos o Espazo Terra Nai para celebrar estas ceremonias e tamén as organizamos noutros espazos coas que as persoas podan sentir conexión.
Cocreando Espazo Terra Nai
O Espazo Terra Nai pide entrar nunha nova fase.
O lugar pide presencia, mimo, coidado e creatividade. Pero non de calquer forma, se non con sentido: que o mesmo acto de coidar, rexenerar e crear sexa un acto tranformador para a persoa. Que reconecte coa Natureza e co propio Ser. Que xere vínculos sans e comunidade. Que potencie a creatividade e permita descubrir dons e talentos.
Para isto abrimos un espazo e un tempo no que as persoas que participen poda facer o que sintan nel: desbroce e limpeza, horta, decoración, restauración do mobiliario…
Durante toda a xornada hai unha persoa de referencia para acompañar o que se precise e para compartir coñecementos sobre agrofloresta.
Tras o traballo compartimos unha comida/merenda ou unha actividade conxunta.
Formas de involucrarse con Terra Nai
Terra Nai é unha comunidade vibrante que prospera grazas á implicación de moitas persoas. Hai diversas maneiras de involucrarse, contribuír e formar parte desta rede de cambio:
Participa nas nosas actividades: vén aos nosos obradoiros, festivais, grupos de discusión e sesións de formación. É a forma máis sinxela de coñecer o local e a comunidade.
Fai parte da asociación: únete á Asociación Terra Nai e participa activamente nas decisións, nos proxectos e na xestión do centro.
Voluntariado: Contribúe co teu tempo e enerxía a proxectos de permacultura, organización de eventos, comunicacións ou calquera outra área que che atraia.
Apoio financeiro: Apoia os proxectos financeiramente mediante doazóns, micromecenaxe ou patrocinio de actividades específicas.
Envía un proxecto: Tes unha iniciativa que se alinea cos valores de Terra Nai? Póñete en contacto connosco e exploremos maneiras de traballar xuntos.
A Terra está a chamarche, a Comunidade agarda por ti
Terra Nai non é só un espazo físico: é unha invitación a vivir de xeito diferente. Para honrar a terra, construír comunidade, sanar xuntos e celebrar a vida de xeito consciente.
Xa sexa que queiras aprender permacultura, sanar a través da música, apoiar aos teus fillos mentres medran, participar en rituais significativos ou simplemente coñecer xente afín, aquí hai un lugar para ti.
A transformación que buscas xa está a suceder. Só tes que unirte.






