Outros Proxectos
Proxectos
Eco de Vida- Retiros e Experiencias transformadoras
Como un susurro da Terra. Como unha semente que leva tempo esperando germinar.
Este proxecto nace de escóita, do silencio, do desexo profundo de lembrar quen somos cando estamos en vínculo.Coa natureza. Con outras persoas.Co sacro do cotián.
Eco de Vida é un espazo de experiencias transformadoras na natureza.
Retiros, rutas, viaxes, rituais, momentos compartidos que espertan o corpo, a intuición, a presenza.
Un lugar onde o simple volve ter sentido. Onde o lume, o río, a voz e o abrazo fanse menciña.
Un espazo para persoas que senten que a vida lles fala e que están listas para escoitala.
E tamén para quen senten desconectados/as dela, con tensións, cansazo ou atrapados/as nun bucle sen fin.
Porque ás veces, so necesitamos parar. Respirar. Recordar.
ACTIVIDADES ABERTAS NO 2026:
- Rituais no Laberinto de Terra de Luz, en colaboración con Simon Keenan (Wisdom of the Way). Celebración comunitaria dos solsticios de verán e inverno neste fermoso lugar sagrado ao pé do Camiño de Santiago, cun ritual no seu laberinto creado con máis de 2000 cuarzos, talleres e cantos arredor do lume.
- Ruta Máxica por Galicia, en colaboración con Erica Falcón (Alkymiainterior). Un retiro nesta terra encantada para reencontrarte contigo, coa natureza e coa maxia. Convidámoste a un percorrido moi especial por esa Galicia que rumorea nos bosques, nas pedras cubertas de brión, no lume das fogueiras e nas augas que limpan corpo e alma. Durante cinco días, visitaremos lugares de poder cargados de beleza, misterio e presenza. Enclaves naturais onde se percibe algo máis: a historia non contada, a vibración do sacro, a sabedoría antiga. Algúns deles son: Pena Furada (Coirós) Pena Moura (Irixoa) Penas de Rodas (Castro de Rei), Labirinto de Terra de Luz (Samos) ou os Bosques de San Lourenzo (Monterroso) .
+info e inscricións
Círculos de Diálogo
Os círculos de diálogo son unha ferramenta que forma parte vital de todos os meus proxectos, da miña forma de compartir en grupo e de crear comunidade. Tras aplicalos en diferentes ámbitos e con persoas de todas as idades, puiden comprobar o seu gran poder, que xorde da súa aparente simplicidade.
O segredo está no marco: a escoita activa, o respecto, o non xuízo, a confidencialidade, falar sempre en primeira persoa e o respeto polos tempos e emocións de cada participante. Este marco permite que se abra un espazo seguro, honesto e profundamente transformador para as persoas e os colectivos que vai máis alá do propio momento presente permitindo que se adquiran novos hábitos e formas de comunicarse e vincularse.
A través desta metodoloxía acompaño grupos en múltiples contextos: desde centros educativos, mellorando a convivencia e previndo situacións de violencia, ata grupos terapéuticos, círculos de mulleres e outras experiencias colectivas. Cada círculo é unha oportunidade para reconectar coa propia voz, comprender ás outras persoas e fortalecer os vínculos, cultivando un sentido de comunidade auténtico e respectuoso.
Un dos proxectos máis potentes nos que participo con esta metodoloxía é “Escolas de Paz”, a través da Fundación Sergio Villar, un proxecto que busca introducir as prácticas restaurativas nos centros educativos de Galicia, tendo como base para a mellora da convivencia os círculos de diálogo.
+Sobre a Escolas de Paz: https://fundacionsergiovillar.org/
Se che interesa solicitar un acompañamento a través dos círculos de diálogo
Proxectos para empresas e organizacións
Corpo e palabra: activos para o benestar laboral
Este proxecto nace de experiencias de sanación profundas que se despertaban en Nuestra Alma Canta ao entrar en canal e trance a través da vibración.
Así,4 das persoas integrantes deste grupo decidimos seguir este camiño aberto e ofrecer ceremonias intimas onde a música e a oración se entrelazan para rexenerar a alma e recordarnos quen somos.
Poñemos tamén estes cantos ao servizo dos ritos de pasos como enlaces matrimoniais, funerais, benvidas… co fin de acompañar e soster os procesos que neles se dan.
Se queres organizar unha ceremonia ou acompañamento nun evento:
Encontros “Otro Mundo Ya Es”
Nos medios de comunicación fálase a diario de todos os acontecementos fatídicos que ocorren, de violencia, de destrución do planeta, de enfermidades e do durmida e separada que están as persoas de si mesmas. Pero hai outra parte do planeta, cada vez máis grande, que está máis que esperta, e realizando accións para construír, rexenerar, transformar e crear vida. Persoas conectadas consigo mesmas, coa Terra e cos/as demais cuxa forma de vida ou cuxos proxectos axudan a crear un mundo máis amoroso, consciente e respectuoso. O sentido deste Movemento é conectar a esas persoas e dar visibilidade a esta realidade para que ao mostrala se expanda e multiplique.
Estes encontros percorren diferentes lugares da Península e buscan crear espazos para compartir proxectos e experiencias que mostren que o cambio xa está a suceder nas nosas vidas. Parte destas historias recóllense en formato audiovisual para a canle de YouTube Outro Mundo Xa É.
As accións realizadas nestes encontros poden ser:
- Círculo de compartir (1,5 h): espazo aberto e gratuito para visibilizar historias de transformación, rexeneración e conexión co mundo máis consciente e amoroso, de persoas que viven no lugar. O círculo permitirá tamén tecer redes entre elas.
- Sesión de Biodanza (1,5 h): movemento e música para conectar coa forza, autenticidade e compás interno, sentíndonos parte dunha gran rede colectiva.
- Sesión de Tameana e Cantos da Alma (1,5 h): sanación grupal con cuarzos e voz, abrindo camiño cara ao descubrimento dos nosos dones, propósito e liberación de bloqueos.
Como formar parte:
- Participar nun encontro escollendo data e lugar.
- Compartir a túa historia no Círculo de Experiencias.
- Organizar un encontro no teu pobo ou cidade contactando por correo ou teléfono.
Cada participación tamén apoia a continuidade do proxecto e a construción do espazo Terra Nai.
Canle de Youtube Otromundoyaes
A canle de Youtube Outro Mundo Ya Es lévanos de viaxe a coñecer persoas e proxectos transformadores que nos achegan a formas de vivir máis conscientes, sustentables e amorosas coa Terra, coas demais persoas e con nosotr@s mesmos/as. Unha mostra de que o cambio xa está a ser e tamén de que «a maxia» existe, só temos que estar dispost@s a pararnos e sentila a través da Vida.
Buscamos historias que mostren que a realidade non é como nola contaron, que a maxia existe, que SI hai unha parte do mundo que se está transformando, que os soños se cumpren e que moitas persoas estamos xa rexenerando o planeta, cambiando a nosa forma de vivir e de relacionarnos. Queremos facelo visible!!
A Terra está a chamarche, a Comunidade agarda por ti
Terra Nai non é só un espazo físico: é unha invitación a vivir de xeito diferente. Para honrar a terra, construír comunidade, sanar xuntos e celebrar a vida de xeito consciente.
Xa sexa que queiras aprender permacultura, sanar a través da música, apoiar aos teus fillos mentres medran, participar en rituais significativos ou simplemente coñecer xente afín, aquí hai un lugar para ti.
A transformación que buscas xa está a suceder. Só tes que unirte.




