Rexistros Acáshicos e Reconexión Interior
Como boa Cáncer, sempre tiven unha profunda sensibilidade, intuición e percepción. Desde moi nova puiden descubrir que o mundo non era só o que se ve, que había algo máis alá, gardado no corpo e habitando planos sutís.
Este foi e segue sendo un camiño longo de superación persoal, que se expandiu grazas ás terapias vibracionais e aos Rexistros Akáshicos.
En agradecemento por esta experiencia vital, decido entregar unha parte do meu tempo a acompañar ás persoas a explorar e tomar conciencia do seu campo sutil, facilitando unha reconexión profunda consigo mesmas e coa información da súa alma, nun proceso de autodescubrimento e evolución constante.
Estas son as ferramentas que comparto
Formación: Soberanía Enerxética e Conexión Interior
Hoxe falamos cada vez máis da importancia de coidar o corpo físico, a mente e tamén as emocións. Buscamos aprendemos a escoitar o que necesitamos, a poñer límites, a descansar e a atender o noso mundo interior.
Pero hai unha parte de nós da que apenas falamos: o noso corpo enerxético.
Todo é enerxía. E, do mesmo xeito que coñecemos o noso corpo físico, tamén podemos coñecer o noso campo enerxético, aprender a percibilo e descubrir como coidalo.
Esta formación é unha invitación a adentrarnos nel e facernos responsables da nosa propia enerxía.
A través dunha base teórica sinxela e dunha práctica de 21 días, iremos achegándonos ao noso sistema enerxético e aprendendo ferramentas para enraizarnos, limpar e coidar o noso campo, liberar patróns, renovar a nosa enerxía e desenvolver unha maior sensibilidade cara ao sutil.
Non se trata só de protexernos ou limparnos, senón de aprender a recoñecer os nosos recursos, capacidades e dons, e abrir un espazo para exploralos e desenvolvelos.
¿Que imos explorar?
- As diferentes dimensións da conciencia.
- Os corpos que nos habitan.
- O noso sistema enerxético e como coidalo.
- A percepción do sutil.
¿Que aprenderemos?
- Prácticas de enraizamento e presenza.
- Limpeza do canal e do campo enerxético.
- Liberación de patróns.
- Renovación e xestión da nosa enerxía.
Unha formación para volver a nós, coñecer mellor aquilo que nos habita e recuperar a capacidade de coidar e dirixir a nosa propia enerxía.
Formación de Rexistros Akáshicos
O Akasha é o espazo onde se garda a información da nosa alma: aprendizaxes, experiencias e memorias desta e doutras vidas. Abrilos é volver a conectarse coa propia sabedoría, con esa voz interior que nos guía desde o corazón e nos acompaña no noso camiño de autodescubrimento.
Durante esta formación, que ten unha duración de 2 meses e medio exploraremos xuntas o acceso a este espazo sagrado e todo o que isto trae consigo. No Nivel 1 aprenderás a acceder aos teus propios Rexistros, a percibir e desbloquear a enerxía que habita en ti, e a integrar ferramentas de enraizamento, limpeza enerxética e sanación akáshica. No Nivel 2 avanzarás abrindo os rexistros doutras persoas, animais e lugares, cultivando a capacidade de canalizar e compartir esta sabedoría de forma segura e amorosa.
O proceso inclúe unha formación presencial dunha fin de semana, prácticas individuais durante 33 días acompañadas polo grupo e por Naiara, 2 sesións online de integración e 4 rondas de práctica grupal (opcional).
Facer esta formación é un acto de soberanía enerxética e empoderamento, unha oportunidade de tomar conciencia e responsabilidade sobre o teu campo sutil e a información da túa alma.
Formacións en Irixoa, Barcelona, Madrid e Santander. Posibilidade de realizar en grupo online.
Se queres facer a formación ou organizar un grupo no teu espazo:
Lecturas de Rexistros Akáshicos
As lecturas de Rexistros Akhásicos permiten acceder á información da nosa alma para recibir orientación, claridade e enerxía sanadora sobre calquera aspecto da vida. Este proceso non entrega respostas externas: guíanos cara á comprensión profunda do noso ser e á reconexión co noso corazón.
Nunha lectura, abrimos unha porta ao amor máis grande, ao entendemento e á liberación de memorias ou patróns que xa non nos serven. A través desta conexión, acendemos a intuición, equilibramos o sistema enerxético e entramos en estados de quietude, calma e apertura, permitindo que emerxa a nosa propia sabedoría. Cada sesión é un espazo seguro, amoroso e sostedor para explorar a información que reside no noso campo sutil e para activar procesos de autodescubrimento e evolución.
As sesións teñen unha duración de entre unha hora e unha hora e media. Presencial ou online.
- Información ou cita: naiaragonzalezf@gmail.com
- Tameana
A Tameana unha técnica de harmonización enerxética que busca restablecer o fluxo vital, equilibrar o campo enerxético e liberar bloqueos. Ao facelo, permite experimentar benestar, paz e coherencia interna, facilitando unha conexión máis profunda co teu Ser.
Desenvolvida a partir da canalización de Juan Manuel Giordano, esta práctica utiliza cristais de cuarzo, símbolos e figuras de xeometría sagrada para crear un campo de alta frecuencia que interactúa co teu sistema enerxético e favorece un proceso de limpeza, reequilibrio e integración interna a todos os niveis.
O que ofrezo
- Sesións grupais de Tameana (puja) con cantos do alma
A puja é un abrecamiños, axuda a liberar os bloqueos que se interpoñen entre ti e o teu camiño do corazón, expande o teu chakra do corazón e eleva a túa consciencia.
A sesión realízase tumbado/a, en estado de relaxación e meditación, para que podas entregarte a esta viaxe na que os cuarzos, os símbolos, a vibración da linguaxe de luz e os sons te sumerxen.
Duración: 2 horas
- Sesións individuais
Nas sesións individuais traballamos de forma personalizada co teu campo enerxético. Establecemos un contexto de alta vibración adaptado a ti, favorecendo a liberación de bloqueos, a ordenación interior e a restauración do equilibrio enerxético. Estas sesións están pensadas para apoiar procesos de benestar, claridade emocional e reconexión contigo mesmo/a.
Duración: 1 hora
Conexión co Mundo Sutil
De forma máis puntual ofrezo a oportunidade de abrir espazos onde poñer en práctica a atención, a presenza e a apertura á percepción sutil. A través de círculos de diálogo, charlas vivenciais e talleres puntuais, as persoas teñen a oportunidade de conectar coa súa intuición e a súa sabedoría interior ou de falar acerca de temas que quizáis non sinten cómodos no seu día a día. Son espazos seguros para escoitar, sentir e experimentar desde o corazón, fomentando a confianza na propia percepción e na guía que xorde de dentro e para abrirse aos dones que cadaquén leva dentro.
A Terra está a chamarche, a Comunidade agarda por ti
Terra Nai non é só un espazo físico: é unha invitación a vivir de xeito diferente. Para honrar a terra, construír comunidade, sanar xuntos e celebrar a vida de xeito consciente.
Xa sexa que queiras aprender permacultura, sanar a través da música, apoiar aos teus fillos mentres medran, participar en rituais significativos ou simplemente coñecer xente afín, aquí hai un lugar para ti.
A transformación que buscas xa está a suceder. Só tes que unirte.



