Rede de Afinidades

Rede Tecendo Raíces

Proxectos Galegos con Alma e Terra

O Espazo Terra Nai forma parte activa da rede Tecendo Raíces. Unha rede de apoio mutuo que xorde da vontade de recoñecérmonos, acompañarnos e fortalecer o tecido de iniciativas que xa están a traballar, dende distintos lugares e formas, por un modo de vida máis consciente, rexenerativo e enraizado.

A rede está formada por máis de 50 proxectos arraigados en Galicia que se materializan ou se materiaizarán en espazos físicos na natureza (casas rurais, centros, salas de actividades, comunidades…) e que comparten tres piares básicos: 

  • o coidado do ecosistema natural, entendendo que a saúde da Terra é inseparable da saúde das persoas e das comunidade
  • o coidado dos vínculos e do tecido social: vínculos baseados na empatía, a cooperación e o respecto pola diversidade de camiños e sensibilidades.
  • o traballo persoal e espiritual, entendido non como unha crenza, senón como un proceso de conexión profunda con un mesmo e coa vida.

OUTROS PROXECTOS E PERSOAS AFÍNS

Ademais dos proxectos que forman parte de Tecendo Raíces, neste espazo quero tamén dar visibilidade a outras persoas e iniciativas coas que dalgún xeito estou conectada ou colaboro neste momento da miña vida.

Sinto que todas elas forman parte desa rede máis ampla —visible e invisible— de persoas que estamos ao servizo da creación dese novo mundo que xa está a emerxer.

Todos os proxectos e persoas que aparecen aquí son iniciativas que admiro, que recomendo e que sinto importante visibilizar. 

Non están todas as que admiro, nin todas as que coñezo ou que pasaron pola miña vida. Por falta de espazo, irei cambiando estes contactos cada certo tempo, a medida que a Vida continúe facendo o seu tecer.

A todas as persoas e proxectos que estades nomeados aquí agora —e tamén a todas as que non—, grazas por tecer e medrar xuntxs neste camiñar.

Espazos

A Casa das Cores (Sonia Cereijo, Cambre)

Espazo de arte e cocreación na Natureza que se está a transformar a través da Permacultura. Nel realízanse actividades e talleres relacionadas coas artes, o coidado da terra, o autocoñecemento e a comunidade. A súa guardiana, unha muller tremendamente creativa, salvaxe e conectada á terra, Sonia, desenvolve ademais dende hai moitos anos o seu fermosísimo proxecto de artesanía en coiro e pintura (Soña en Cores). As súa pezas están cheas de Vida, cor e presenza.



A Casa da Terra (Antas de Ulla)

Para min o centro de actividades na natureza de referencia en Galicia, dos máis antigos e dos máis asentados. Santi, o duende-guardián, e a súa familia foron construíndo nun entorno natural de gran beleza un espazo que agora acolle múltiples eventos grupais ao longo do ano, cunha filosofía de vida respectuosa coa terra e coa veciñanza.



Albergue Rectoral de Román

O soño de Fátima de crear un fogar ao servizo do/a peregrino/a expandiuse máis do que ela pensaba, dando lugar a unha casa con encanto onde disfrutar duns días ou unha termporada de calma e reordenación da vida ou onde facer retiros e actividades de desenvolvemento persoal ou rutas pola natureza. Fátima ten ese don natural de acoller e nutrir a cada huésped. O espazo está cheo de detalles coidadosamente preparados e a comida é deliciosa.



A Palleira (Irixoa)

Esta casa en plena natureza vólvese refuxio para quen precisa un tempo de desconexión, descanso reparador, claridade… para quen quere voltar ao sinxelo e á beleza ou quen busca sentirse en familia con persoas ás que nunca viu na súa vida. Unhas anfitrionas acolledoras, un lugar cheo de recobecos fermosos e os animais encárganse de que así sexa.



Casa da Ulloa (Monterroso)

Ecofinca permacultural na que se realizan retiros, formación e voluntariado. Conta no exterior cunha gran biodiversidade e espazos maravillosos para conectar coa natureza e os seus elementos. Dentro a maxia está en cada símbolo das súa paredes e na súa guardiana.



Centro Inspira Vida (A Coruña)

Dicir que é un centro de Ioga quédase moi curto, eu síntoo casa. É para min das salas máis fermosas que hai na Coruña, e a máis ampla. Pancho, o seu creador, e o equipo que o rodea manteñen o espazo en constante coidado e evolución, poñen amor en cada rincón e en cada acción. E a súa calidade humana e profesional é o seu selo. Ademais disto fan clases de ioga de mil tipos, de pilates, terapias e talleres puntuais as fins de semana.



Centro Ki Lau (A Coruña)

Un espazo de formación e sanación guiado por unha familia, da que me fixeron sentir parte. Nai e filla, dúas magas cheas de vida e sabedoría converteron ese lugar en sala de actividades e formacións (ioga, biodanza, constelacións…) centro de terapias, tenda de aromaterapia, cristais e productos de Exipto e agora lugar de referencia para Viaxes transformadores a países como Exipto ou a India.



Escuela Pedayóguica Om Shree Om

Escola-comunidade formada por un equipo de profesionais que xa sinto familia que e teñen unha calidade humana increíble. Actúan nos campos da educación e a saúde a través de formacións e proxectos como o Festival Om Shree Om, celebrado cada agosto no Cortijo Al Hamman, Lucainena de las Torres ( Almería) e no cal participo dende hai anos. Totalmente recomendado para familias!!!

Escuela Om Shree Om:

Oasis AlHamam:

Espacio Colibrí (Suances, Cantabria)

unha sala armoniosa, decorada con moito gusto e amor que tiven o gusto de poder inaugurar. A súa actividade principal é o ioga pero tamén se exploran outros talleres e formacións relacionadas co benestar a todos os niveis.

La Salita (Cambre)

Espacio na natureza, moi cerca de A Coruña, onde poder disfrutar de actividades relacionadas co benestar personal da man dos sus impulsotres. Gerrit, un corazón puro, que nos trae o arrecendo desa nova forma de habitarse como home, comparte as súa clases de ioga cun enfoque integral e persoal, música mediciña e acompañamento con corazón. Lindsey, coa súa dozura e determinación, e os seus amplos coñecementos e experiencia acompanha ás persoas a descubrir a mediciña da súa propia voz. Ademais, xuntxs forman un dueto musical de mantras e música mediciña que ten un selo especial gracias ás súa propias letras, ás súa fermosas voces e á súa complicidade.






Savia Natura (Calella, Barcelona)

Fermosísimo espazo e proxetto que vin nacer rodeado de tanto amor, creado dende unha base comunitaria e asociativa por un equipo de persoas con moitas ganas de achegar ao mundo e un corazón enorme e do cal xa me sinto parte.



Terra de Luz (Samos)

TdL é unha casa aberta a recibir e servir a peregrinos de todos os camiños da vida. Un espazo máxico e sanador cocreado entre moitas persoas que pon o seu amor en coidar o espazo e recibir cun abrazo a quen pasan por este recuncho do Camiño de Santiago. Conta cun laberinto de cuarzos no que celebramos cada ano rituais de cambio de estación.




Proxectos

A Casa de Nai (Naiara Arqués)

É un proxecto dos que o mundo máis precisa, xa que vai dirixido a quen construirán o seu futuro. Naiara , cunha entrega, ilusión e tacto enormes acompaña a nenas, nenos/as e familias desde a sensibilidade, a presenza e o respecto polos ritmos naturais do desenvolvemento, offeredolles espazos compartidos que convidan a un retorno ao xogo auténtico, a natureza, a arte e o tempo sen présa.



Arteceibe Fotografía (Rebeca García)

Unha mirada respetuosa para un acompañamento fotográfico de vida, de seres, de procesos… O seu ollo capta o que hai detrás do que se ve, cunha sensibilidade e un gusto inmensos. E nas súa sesións fotográfica fai que perdas de vista a cámara e entres en conexión con quen es.



Cooperativa As Atalaias (Noelia Darriba e Raquel Veiga)

Cooperativa galega de traballo asociado sen ánimo de lucro de nova creación, cunha traxectoria no campo da intervención socioeducativa dende o 2006 como Atalaia Social (a empresa que fundamos xuntas e unha das grandes aventuras da miña vida). Co foco posto nas persoas e as súa diferentes realidades, necesidades e relacións, o seu traballo céntrase na elaboración de proxectos socio educativos para a transformación social dende e para o botrato. Grandes pioneiras no ámbito socioeducativo e na transformación social.



La Crudi Cocina de Miguel

Deliciosa comida crudivegana e vexetariana: pratos sinxelos cunha explosión de sabor incrible, postres, galletas e crackers sen gluten e crudiveganos… E o máis maravilloso, o sorriso co que o cociñeiro cho sirve e o coñecemento que comparte. Un home ao servicio da nova humanidade que nutre o noso corpo e a nosa alma.



Mïstica Flora (Paula Roibal, A Coruña)

Acolledor espazo no corazón da cidade da Coruña no que se levan a cabo talleres, charlas, encontros creativos e actividades relacionadas co benestar, co fin de crear comunidade, coñecerse e sentirse en casa



Puro Sabor (Virginia Caballo)

Proxecto de repostería artesanal sen gluten e sen azucre refinado, cun sabor e unha textura que son moi difíciles de conseguir. Virgina pon amor e dedicación a cada postre que fai porque vive o seu proxecto como un acto de servicio ao mundo.



TEOTS, The Essence of the Soul (Manuel Lameiro)

Un proxecto cuxa misión é facer un mundo máis consciente a través de diferentes proxectos: terapias psicolóxicas, centros en diferentes cidades, intelixencia artificial, consciencia para nenos/as…O seu impulsor, Mannu, é un home moi especial, ao servicio da Vida, cuns valores e unha visión moi puros e luminosos.



Wisdom of the Way (Simon Keenan)

Wisdom of the Way é un proxecto que recolle a sabedoría do camiño e da Vida. O seu espírito nómada e aventureiro, a súa autenticidade, o amor polas historias e a gran capacidade para estar en presencia e escoita permiten a Simon destilar o mellor das persoas coas que se vai atopando no camiño. Podes escoitar as súa entrevistas no Podcast e na Canle de Youtube con este mesmo nome. Ademais, se o desexas podes realizar con el retiros a pé nos que che acompaña na túa propia viaxe interior a través de prácticas ancestrais como o Kriya Ioga.




Terapeutas e facilitadores/as

Adriana Cortés (A Coruña)

O arquetipo da mestra. Muller valiente e sabia, con dozura na súa expresión e na súa palabra e un gran poder no seu interior. Certificada pola escola da Vida, para acompañar con honestidade ás persoas a descubrir e sanar as súa feridas da Alma, porque foi e é capaz de mirar as súa de frente. Vive acorde ao que é e ao que entrega: terapia e mestría de Reiki de diversos tipos, práctica de Moon Mother e mentoría para mulleres. E ademais un gran don na área de comunicación.



Alberto Bustos (centro Physis, A Coruña)

Coa mestura perfecta entre o yang (dirección, foco e tenacidade) e o yin (espera, silencio, compaixón e tenrura), Alberto te acompaña ás túas profundidades a través da biodescodificación para comprender e desactivar esas memorias que hai detrás dos síntomas físicos, dos patróns comportamentais e das feridas emocionais.



Alma Terapia Holística (A Coruña)

Canle puro, que le a verdade da túa alma a través das cartas do Tarot e descríbea cunha claridade alucinante. Con esta ferramenta, esta muller poderosa, axúdache a atopar a orixe deses patróns que che manteñen en bucle e afástanche da túa esencia e do teu camiño para logo proporche o máis sinxelo dos rituais co fin de deixalos ir…e o máis incrible é que funciona!!!



Carlos Busto (A Coruña)

Mirada amorosa, abrazo acolledor. Unha conexión enorme co mundo sutil e unha gran sensibilidade para ver dentro das persoas permiten a Carlos desenvolver unha labor profunda de acompañamento a través da hipnosis, o coaching e a PNL. O seu proxecto, LÚMEN, vai dirixido a mulleres que deixaron de valorarse nas súa relacións e queren voltar a sentirse sen culpa.



Erica Falcón- Alkymia Interior (Monterroso)

Un sorriso eterno, unha presencia calma, amor incondicional, inocencia pura e a manifestación da alegría de Vivir. Erica, terapeuta Psicosomática, conecta corpo, mente, emoción e alma a través dos seus talleres, viaxes, retiros e terapias con ferramentas como o breathwork, o taotantra, o trancedance ou a liberación de memorias corporais.



Jessica (Fimans, Arteixo)

A súa apariencia doce e inocente é a mostra da súa gran sensibilidade, percepción e capacidade de escoita e canalización. E tras ela escóndese unha forza inmensa para soster procesos, manexar a enerxía e favorecer os movementos alquímicos nas persoas. A fisioterapia e a terapia biodinámica craneosacral son só a porta a ese mundo que nos abre dentro.



Jose Antonio Recouso (Cambre)

Encarna en cada faceta da súa vida a mirada sistémica e transpersonal coa que consegue no seu traballo con persoas e grupos descubrir, comprender e dar lugar aos aspectos máis profundos de cada Ser e de cada Sistema Familiar. Aceptación, Sí á Vida, sabedoría profunda e conexión coa guía interna son as claves coas que te acompaña nesa viaxe a través das Constelacións Familiares e da terapia transpersoal



Kampa Ananda (Cuenca)

Un ser de luz. Cunha conexión brutal á súa guía interna e coa valentía para vivir acorde a ela. Encarna unha sabedoría e presencia propia dunha alma vella, nun rostro de xoven. Nai, emprendedora, terapeuta e facilitadora. Muller poderosa que acompaña a centros de persoas a transformar ás súa vidas con ferramentas como os Rexistros Akáshicos ou o método SOMA (reprogramación mental).



Lola Fernández (SomaticAndo, Madrid)

Mujer visionaria, tejedora y apasionada de la vida y las personas. Se apoya de herramientas como Psych-K®, terapia somática, meditación o reflexología. Y nos lleva con su sensibilidad, alegría, capacidad de escucha y compresión a recordar que dentro de nuestro cuerpo hay un mundo por descubrir que solo puede traer más energía virtual y compasión hacia uno mismo y hacia los demás.



Lorena Basoa (Pontevedra)

Os seus apelidos o resumen moi ben: Basoa é Bosque e Pena é pedra…así é ela, natureza pura. Profunda, perceptiva e apasionada. É chave que abre portas e fogar que contén e ten o don de convertir en beleza o que toca e o que expresa.. As cualidades perfectas para o que fai: oficiar ceremonias, mergullarnos en rutas e baños de bosques, acompañar sesións individuais…



María Álvarez (Vitamina Multicolor, Carballo)

Buscadora incansable de si mesma, innovadora na súa visión do mundo, tremendamente respectuosa e coidadosa con cada persoa e proxecto. Un exemplo de transformación e revisión constantes, de amor incondicional e de humor natural. Defínese como enxeñeira emocional para mentes curiosas e corazóns sensibles. Acompaña ás persoas dun xeito orgánico e lixeiro a recupera a súa autenticidade e liberdade e a construir a vida que desexan. E ten unha capacidade bellísima de expresar a través da escritura e a palabra o que moitos/as sentimos.



María Alonso (Astrología Sistémica. Cambre e Meicende)

Emprendedora nata, valente, con valores sólidos e cunha conexión a terra enorme. Pilar de estrutura e coherencia. É por iso, que se lle da tan ben facilitar claridade en momentos de transición, integrando a astrología sistémica como ferramenta de diagnóstico, que axuda a comprender o presente e ordenar o camiño.



Mónica Montero

Educadora Social, facilitadora de círculos de mulleres e acompañante de persoas, grupos e procesos. De natureza inquieta, soñadora e curiosa, entrégome á exploración de diferentes ferramentas e terapias (Mindfulness, Ioga, Reiki, Masaxe Metamórfico, Reflexología Podal Enerxética, Rexistros Akashicos…) para o meu propio autoconocimiento, crecemento persoal e entrega ao servizo. A intuición, a alegría, a serenidade, o coidado e o amor facilítanme conectar con vida e co outro, desde o profundo do meu ser.



Montse Santos (Meicende)

Unha muller co don da sanación. A súa experiencia vital levoulle a percorrer camiños de exploración que lle permitiron atoparse a si mesma e os seus grandes dones cunha gran certeza: o corpo é un gran mestre e ten a capacidade de rexenerarse a si mesmo se o escoitas. Formouse en diferentes técnicas como a La Nueva Terapia, e con esa base creou a súa propia forma de acompañar ás persoas nos seus procesos a nivel físico, emocional, mental e espiritual.



Rubén Dubra (Zhen Natur, A Coruña)

Unha das persoas que máis me impulsou a ver o que non estaba disposta a ver na miña vida. O seu centro, que coordina xunto á súa parella Tania (outra gran profesional), foi para min e para moitas persoas ao meu arredor bálsamo e revulsivo á vez. O listado de ferramentas coas que traballa é enorme: acupuntura, bioneuroemoción, kinesiología, PNL, hipnosis…pero en realidade o seu maior don é a capacidade de “Ver” a quen ten diante e acompañalo con determinación e amor a verse tamén, para poder tomar os seus dones e enfocar o seu camiño profesional en sintonía co seu propósito de alma.



Sonia Fernández Vázquez (Lugo)

Unha das persoas co campo de percepción máis ampliado que hai ao meu arredor. Ten a capacidade de ver e sentir o que outros/as non ven, a niveles ben profundos. Cun coidado e respecto impecable ás persoas e aos procesos desenvolve a súa labor de acompañamento terapéutico a través dos Rexistros Akhásicos, a masaxe californiana, a conexión co reino mineral e a escoita honesta aos corpos. Compaxina isto coa súa faceta artístico-terapéutica a través do canto e o teatro, tendo a súa propia compañía (Cía. Satori).






Sonia Lamas (Lugo)

O que ven sendo unha meiga de toda a vida. Esta muller, deusa radiante, representa para min a sabedoría feminina ancestral. Naturópata, monitora de Pilates e Ioga terapéutico e guía de círculos de mulleres. Recolle coñecementos antigos desta e doutras terras, escoita a linguaxe do corpo e das prantas para acompañar ás persoas na recuperación da súa propia soberanía de saúde.



Toni Fernández (Ferrol)

Sensatez, practicidade, amabilidade e un gran coñecemento é o que podes atopar ante este home, que aplica técnicas terapéuticas da mediciña tradicional china, así como o par biomagnético para tratar os desequilibrios do noso corpo. Unha visión integral que permite un traballo nas capas profundas.



Ana

Moqui


Música

Airán Beltrán

Un ser auténtico, con personalidade e profundidade e cunha sensibilidade brutal para a música. O seu percorrido por esta área é enorme e os coñecementos que comparte non son so dos adquiridos en formacións, se non dos recordados dende o corazón. Músico multiinstrumentista, especializado en baixo eléctrico e improvisación que realiza talleres e formacións para achegar a música a todas as persoas para captar a súa esencia.



Ooruk Sambhó

A el teño que agradecer a miña reconexión coa música, o canto e o descubrimento do tambor. Convencido de que o ritmo está dentro de cada persoa e que todxs temos a capacidade de sacar música do noso corpo, el vai polo mundo espertando a vibración do corazón de cada Ser. Unha presencia e capacidade de oratoria que lle impide pasar desapercibido. As súa mans son capaces de crear co maior coidado e creatividade instrumentos musicais, pezas ritualísticas e calquer cousa que se propoña. Coa súa voz, o son dun tambor, unha maraca, unha pluma…pode transportarte ao teu profundo en so uns minutos. Camiñante de inframundos, navegante da tormentas, entregado ao servizo.



Rocío Madreselva

Escoitar a esta muller, barda e cantautora da Terra para a Nova Humanidade é profundamente reparador. A súa voz atravesa todas as capas ata chegar ao teu corazón e conéctate directamente coa Verdade .En cada concerto abre canais directos á sabedoría do Universo e da Terra. As súa letras recórdannos quen Somos e que vimos a facer aquí.



Vera Muller Raíz

Revolucionaria, intensa, sabia e á vez un corazón brandiño como unha nube. As súa letras e a súa voz nos conectan directametne coa Terra e a súa sabedoría. É artista en si mesma, en cada faceta da súa vida. A través do seu proxecto VozRaíz abre liñas á expresión, á dinamización creativa, CantaContos… e os seus cantos “Amma” son un bálsamo para a nosa alma.



El Remanso

Jose Angel

Mario San Miguel

Helene

Gerrit e Lindsey


Permacultura e Bioconstrución

SeteOitavas cooperativa Alex

Unha cooperativa de deseño arquitectónico, que



Paloma

Kibutz Cooperativa Galega

Escola de Formación na Naturaleza. Exemplo vivo de cooperación e comunidade. Un proxecto colaborativo cuxo fin é promover, crear e xestionar diferentes iniciativas e recursos para impulsar unha forma de vida máis ética e respectuosa coas persoas e o entorno. Raquel, tecedora nata, cun don natural para organizar eventos e conectar persoas e Charly, coa súa mente creadora e as súa mans artesanas albergan dentro de Kibutz tamén o proxecto Kuwo, gracias ao cal en Terra Nai temos a nosa fermosa Iurta de madeira e eu a miña casa de bioconstrucción.



Yurta 55 m

A Terra está a chamarche, a Comunidade agarda por ti

Terra Nai non é só un espazo físico: é unha invitación a vivir de xeito diferente. Para honrar a terra, construír comunidade, sanar xuntos e celebrar a vida de xeito consciente.

Xa sexa que queiras aprender permacultura, sanar a través da música, apoiar aos teus fillos mentres medran, participar en rituais significativos ou simplemente coñecer xente afín, aquí hai un lugar para ti.

A transformación que buscas xa está a suceder. Só tes que unirte.