Música e Movemento

Comunidade Consciente e Permacultura na Coruña

O anfitrión: Música

Nos vídeos familiares e no retrato que fan de min de pequena, sempre aparezo cantando, bailando ou facendo pequenas actuacións. Era algo natural, un xogo. Non porque tivese un don especial, senón porque esa era a miña forma de expresar a alegría de vivir.

Co paso dos anos esa espontaneidade foi apagándose ou quedando máis gardada para min. Curiosamente, nunha parte da miña familia case todas as persoas tocaban instrumentos, pintaban ou desenvolvían a súa parte artística… menos eu, ou iso cría.

Foi xa pasada a trintena cando o tambor chamánico e a Biodanza chegaron á miña vida para facer estoupar a miña voz, o meu corpo e a miña enerxía creadora. Algo que estaba latente volveu ocupar o seu lugar.

Hoxe a música e o movemento son para min nutriente e canle. Son terapia e autocoñecemento. A vibración do son e o movemento do corpo teñen un poder profundamente sanador, axúdame a volver ao centro, a liberar emocións e a lembrar quen son.

Proyectos

Estes son os proxectos nos que actualmente estou implicada, xunto a diferentes persoas e en distintos lugares, e que forman parte deste camiño vivo de música e movemento.

Música

Nuestra Alma Canta

Somos unha formación musical aberta, con sede no local de Reiki de Lugo; un grupo de almas afíns que nos reunimos para conectar co Espíritu a través do canto devocional de múltiples relixións. 

Reunímonos os luns no local de Reiki de Lugo ás 20:30 e facemos actuacións gratuitas na rúa, en locais privados, igrexas, lugares de poder… 

Abrama

Somos un grupo de mulleres con moito amor pola música, que convidamos ás persoas a experiencias musicais participativas e vivenciais de cancións mediciña e mantras. As ganas de experimentar coa voz uníronnos a través dos círculos de canto. Foi aí onde recordamos a capacidade sanadora que ten vibrar en grupo. O noso desexo é expandir estes espazos grupais de canto e percusión, co fin de que todas as persoas podan reconectar con esta parte delas ás veces esquecida.

Alalá da Ialma

Este proxecto nace de experiencias de sanación profundas que se despertaban en Nuestra Alma Canta ao entrar en canal e trance a través da vibración. 

Así,4 das persoas integrantes deste grupo decidimos seguir este camiño aberto e ofrecer ceremonias intimas onde a música e a oración se entrelazan para rexenerar a alma e recordarnos quen somos. 

Poñemos tamén estes cantos ao servizo dos ritos de pasos como enlaces matrimoniais, funerais, benvidas… co fin de acompañar e soster os procesos que neles se dan.

Se queres organizar unha ceremonia ou acompañamento nun evento:  

Espazos de Experimentación coa Voz

Estes espazos nacen como un lugar seguro e amoroso no que reconectar coa voz natural, liberar tensións e descubrir o poder sanador do canto. A través de diferentes propostas vocais, xogos sonoros e creación colectiva, abrimos un camiño de autocoñecemento e transformación onde o importante non é “cantar ben”, senón expresar o que se move en nós.

Grupos abertos:

  • Espazo El Almacén (Meicende, moi cerca da Grela, A Coruña): 2 mércores ao mes de 19:30 a 21:00

Movemento e Expresión Corporal

Biodanza

A Biodanza cambiou profundamente a miña forma de ver e de estar no mundo. Abriu en min a porta a descubrir o inmenso amor que me habita e que é infinito, incondicional e indiferenciado. Levoume a poñer a Vida no centro, a reconciliarme co meu corpo e co meu pracer, a sentirme parte da Natureza e do Universo dunha maneira viva e encarnada.

Definida polo seu creador, Rolando Toro, como un “sistema de integración humana, renovación orgánica, reeducación afectiva e reaprendizaxe das funcións orixinarias da vida”, a Biodanza é moito máis ca unha práctica corporal: é unha vivencia que nos devolve ao esencial. A través da música, do movemento e do encontro en grupo, recorda o poder transformador do contacto, da caricia e da mirada; ese poder profundo de unión e sanación que nace do vínculo humano.

No meu camiño non foi só unha ferramenta metodolóxica. Foi unha filosofía de vida e unha estrutura sólida e coherente sobre a que reconstruír a miña práctica profesional. A súa teoría, os seus principios e as súas vivencias atravesan todo o que ofrezo, máis alá das sesións regulares: cada proxecto que acompaño leva dentro esta mirada que honra a vida, o vínculo e a expresión auténtica do ser.

Todo isto conforma a base invisible pero esencial desde a que hoxe acompaño procesos, creando espazos onde a vida pode expresarse con máis liberdade, conciencia e plenitude.

E

O principio biocéntrico: ensinoume a poñer a Vida no centro e a confiar na vivencia como verdadeira fonte de transformación

E

A mirada posta na parte sa: axudoume a nutrir os potenciais luminosos en lugar de loitar contra a sombra

E

A reeducación afectiva: devolveume a confianza no contacto, no vínculo e na tenrura como camiños de integración

E

A trascendencia abriu en min estados de expansión de conciencia que ampliaron a miña visión do mundo e da miña acción nel

E

O coidado profundo da metodoloxía —do grupo, da música, do espazo e do movemento orgánico— mostroume que cando o contexto é seguro e amoroso, a transformación acontece de forma natural

En que consiste a Biodanza

Biodanza é un sistema de desenvolvemento persoal e social que inflúe positivamente no noso organismo e na nosa vida diaria. Busca desenvolver os nosos potenciais referidos a: conexión coa vitalidade e a alegría, conexión co pracer e o goce, capacidade de crear, afectividad e expansión de conciencia.

A metodoloxia consiste en xerar vivencias integradoras por medio de exercicios individuais, en parella ou grupais. Unha parte da sesión é de activación e outra de descanso, proporcionando así un equilibrio no noso sistema nervioso e creando estados de profundo bienestar. Invítase ás persoas a participar en silencio, aproveitando ao máximo o poder comunicador do noso corpo.

A práctica regular da Biodanza favorece o aumento da vitalidade e a conexión coa alegría e o pracer de vivir. Axuda a integrar corpo, mente e emoción, mellorando a expresión corporal, a autoestima e o autocoñecemento. Ademais, contribúe á redución do estrés e ao desenvolvemento da intelixencia afectiva, fortalecendo as relacións e creando vínculos e redes afectivas máis conscientes e nutritivas.

Grupos Regulares

Actualmente facilito dous grupos regulares abertos, onde a práctica continuada permite profundar no proceso persoal e no vínculo grupal.

Grupo regular Centro Ki Lau (Cambre)

Martes de 20:30 a 22:30  (Periodicidade semanal ou quincenal · Grupo de profundización)

Un espazo estable para afondar na vivencia da Biodanza, fortalecendo a identidade, o vínculo e a integración persoal a través do proceso continuado no tempo.

Biodanza e Astroloxía · Espazo El Almacén (Meicende)

Dous mércores ao mes de 19.45 a 21:45

Unha proposta que une a Biodanza coa Astroloxía (xunto a María Alonso, de Astroloxía Bonita) para danzar a enerxía do Sol no seu tránsito por cada signo. Cada mes, o Sol ilumina unha dimensión distinta da nosa vida, e nas sesións exploramos esa calidade desde o movemento, a presenza e o sentir.

Propostas Puntuais

Talleres e xornadas especiais

Facilito talleres de Biodanza independentes, adaptados a diferentes contextos: festivais, formacións, encontros, empresas ou grupos que desexen complementar procesos de traballo persoal ou colectivo.

A Biodanza intégrase con facilidade en procesos terapéuticos de todo tipo e en propostas que aborden o coidado do equipo, a comunicación, a xestión emocional, o liderado consciente ou calquera temática na que o corpo e a vivencia poidan enriquecer a experiencia.

A duración é dende 1,5 horas ata todo unha fin de semana completa.

REGALO: Danza de celebración para alguén a quen desexas

Un agasallo único e profundamente simbólico: unha sesión de Biodanza creada a medida para honrar a esencia, dons e potencialidades da persoa que a recibe.

Deseño a experiencia a partir da información que me comparte quen fai o agasallo e vivímola en grupo, a través do movemento e da música, nun ambiente de conexión e celebración. Existe tamén a opción de enriquecela cunha lectura previa de carta natal, con Sonia Cereijo (Soña en Cores) que achega maior profundidade ao proceso.

Unha proposta transformadora e empoderadora, ideal para aniversarios, despedidas ou novos comezos, que fortalece os vínculos de todas as persoas participantes. 

Teatro

Un dos regalos do 2025 foi subirme aos escenarios de teatro da man de Sonia Fernández e Jose Campanari (Compañía Satori) coa peza teatral para todos os públicos “Cores do Camiño”, e recordar que todo estaba xa no corpo e canto me gusta xogar.

Unha viaxe que comeza co despertar dunha nova vida e recorre un camiño de principio a fin, facendo pequenas paradas que construen experiencias que se transforman en recordos que se volven presentes. Os obxetos, a luz, o son entran nun diálogo estético para transitar unha viaxe visual polos camiños da vida.

Se queres levar Cores do Camiño ao teu escenario:

A Terra está a chamarche, a Comunidade agarda por ti

Terra Nai non é só un espazo físico: é unha invitación a vivir de xeito diferente. Para honrar a terra, construír comunidade, sanar xuntos e celebrar a vida de xeito consciente.

Xa sexa que queiras aprender permacultura, sanar a través da música, apoiar aos teus fillos mentres medran, participar en rituais significativos ou simplemente coñecer xente afín, aquí hai un lugar para ti.

A transformación que buscas xa está a suceder. Só tes que unirte.